|
Temas
Archivos
Enlaces
Curiosidades varias
O cine
O deporte
O galego
A música
A publicidade
A televisión
Información
Política
Galicia
HAI QUE BOTALOS!
Humor
Buscadores
Radio
Diarios
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2005.
 A asociación terrorista ETA (Euskadi ta Askatusuna, que quere dicir Euskadi e Liberdade), informou logo de que este pasado sábado explotase en Palencia un artefacto onde houbo graves daños materiais, ainda que ningún ferido, que a situación actual favorecía un acercamento da organización ó diálogo co goberno. Tamén explosionou o martes outro artefacto en Zaragoza sen danos graves aparentes. O novo sistema político español facilita moito máis o proceso do Estatuto basco, no cal, segundo ETA, buscan proclamar máis dereitos para o seu pobo, e chegar a unha verdadeira Euskal Herría. O comunicado de ETA, unha vez máis o diario Gara, afirma que "os inimigos do noso pobo non nos van agasallar nada", e tamén fala de novas oportunidades para o pobo basco. Estas declaracións da asociación terrorista coinciden co día do soldado basco " Gudari Eguna". ETA apoia a esquerda abertzale, coa cal, os cidadáns bascos gozarán de tódalas liberdades. Ó mesmo tempo, acusa ó Partido Nacionalista Vasco( PNV) de non favorecer ás peticións do seu pobo, actuando de maneira egoísta e coas axudas que reciben de Madrid, sen ter en conta á oposición no País Basco. Por outra banda, o PNV asegurou este verán que endexamais ía a propoñe-la independencia para Euskadi, o cal é totalmente contrario ós intereses de ETA. Agora faise un paralelismo... Xa que o IRA quebrou en Irlanda, quebrará ETA en España? Dende o meu punto de vista, non. ETA fala de oportunidades para abrir unha nova liña de diálogo, o cal non indica que non vaian a deixa-la loita armada... O proceso de desarme aínda está a comezar. É necesario (non polo terrorismo, senón polos bascos), un Estatuto firme, que indique o País Basco coma nación, que lle outorgue os dereitos os seus cidadáns... Tamén Galiza e Cataluña precisamos dese Estatuto... Chegará? Ou non? Estase a dialogar sobre unha posibilidade para Galicia de diferenciarse do resto de websites españolas. As direccións non acabarían coma a maioría das nosas sites .es , senón que a dirección sería cambiada por outra. A medida, levada a cabo polo BNG, resulta unha incertidume, xa que en Internet as cousas van a unha velocidade de vertixe. Ademáis xorde o debate de cal sería a nova denominación: .gal? .glz? .gz? A min, realmente, paréceme unha medida secundaria, ante asuntos de maior importancia para os galegos, pero, se se logra levar a cabo, benvida sexa... A vós, que vos parece? Que dirección vos gustaría máis para a vosa páxina?
Alexis Valdés, un dos millores monologuistas do Clube da Comedia, elaborou un guión, xa hai máis de cinco anos, no que expoñía os motivos polos que al el non lle interesa que lle chamen negro... Para os interesados no tema, seguidores do Clube, e fans de Alexis, aí vos vai!(Está en castelán)En este mundo cruel nada es verdad ni nada es mentira, todos somos del color del cristal con que se mira. ¡que razón tenía el poder!. Si, porque hay gente que se pone verde de envidia, las hay que se pasan de castaño oscuro y los que se ponen morados de comer. Para gustos se hicieron los colores. El otro día un crítico me preguntó: - ¿Y tú haces humor negro? Yo le dije: - Con coma o sin coma. Sí, porque no es lo mismo "tú haces humor negro" que "tú haces humor, negro". No señores no tengo ningún complejo racial. Pero es que se hace muy mala utilización del negro. Yo no soy negro. Yo en todo caso soy una persona que desciendo de África de lo cual estoy muy orgulloso. Es más. Sería capaz de ponerme un letrero que dijera "africano". Eso sí. Llevaría letras hasta por debajo del sobaco. ¿Cómo lo dividiría en sílabas? Podrías poner "africa-no" pero eso sería muy racista. "afri-cano" pero parecería otro hermano Cano y otro Cano, no por favor. Al final, pondría "afric-ano" y la gente de mente limpia leería afric con el sufijo ano que indica procedencia. Aunque todos los cabrones leerán el culo de África. ¡Bueno eso da igual! Yo soy como dice mi padre suplente blanco con el número uno. Por qué voy a permitir que me llamen negro a mí. Si negro le llaman a todo lo malo: qué día más negro; que alma más negra; un corazón negro; una suerte negra; un negro porvenir, que debe de ser una negra embarazada porque si es un negro por venir...; esto parece una merienda de negros; el mercado, si es prohibido: mercado negro; si el cine es de asesinatos: cine negro. ¿Quieres un beso más feo que el beso negro?. Hasta el dinero, si es malo, es dinero negro ¡hay que blanquearlo! Últimamente los científicos tienen acojonado al mundo con el agujero negro ¿por qué? Si es algo abstracto como sabes que es negro. Si se traga todo podemos llamarle agujero hijo de puta. Aunque no demos ideas porque son capaces de llamarlo agujero hijo de puta negro. Por eso muchos negros no quieren que se les llame así. Es como si la palabra negro ya trajera mala suerte. Como los gatos negros. Por eso muchas personas dicen "personas de color" (cara de asco) Personas de color. Eso que es chico. Eso es anticientífico. Cuando yo estaba en el colegio me enseñaron que los colores iban del infrarojo al ultravioleta. ¿dónde está el negro? No esta. Todos sabemos que es ausencia de color. Pero no se lo digan a un negro. Porque si no tiene poder político, ni económico, le dices que no tiene color pues te manda a tomar por culo. El cuerpo negro absorbe toda la luz de su alrededor. Lo cual quiere decir que la naturaleza es una hija de puta porque gastas más luz que los blancos. Yo por eso admiro a los negros que luchan por su cultura: Naomi Campbel, Denzel Washington, Steve Wonder, bueno no es el más representativo. No lo tiene claro. A él le han contado que es negro. Naomi Campbell sin duda es la más importante. Fue la primera negra en salir en play boy con las tetas fuera, hasta entonces solo salían las blancas. Las negras en National Geographic.  A asociación terrorista irlandesa IRA (Ireland Republican Army) está a piques de ser desarmada tras oito anos de conversa, negociación e diálogo para a paz. Tralo acordo firmado un venres Santo de 1998, Irlanda de Norte non vivirá a día de hoxe, máis ataques terrotistas... Así aseguraron dende o goberno central en Dublín, xa que garantizaban o total desarme da organización, eliminando todo o seu arseal. Os comunicados do IRA foron redactados polo seu brazo político, Sinn Fein. Aínda así, os protestantes non se fían do desarme total, argumentando que non hai probas gráficas que demostren esa posibilidade. A partir de agora, un proceso de cambio e negociación sobre o futuro de queda aberto... O fin das armas? Ogallá... A opresión británica? Velaquí temos un chiste boísimo que nos conta o me(s)mísimo presidente dos Estados Unidos de América George W.Bush. Como todos sabemos, este ten a gracia no cú, pero aínda así temos que darlle unha oportunidade. A anécdota fala dunha pequena disputa entre Nano e a súa moza. Este vídeo é unha delicia dos nosos amigos de El Rellano Clica aquí para descargar (é preciso ter un programa de descompresión, como o Winrar ou Winzip)  Parece ser que o governo si traballa no asunto. Unha iniciativa plantexada por políticos do PP ( Juan Juncal) e do BNG ( Víctor Guerreiro) proponía o traslado da fábrica cara as costas ferrolanas. Esta proposición veuse truncada pola negativa de Medio Ambiente, a cal mediante o seu ministro Manuel Vázquez, expresou a súa inconformidade, xa que a solución non é limpar unha ría para ensuxar outra. Ademais, na zona estáse traballando con moito esmero para que as fraguas do Eume se convertan nun parque natural, e ainda por riba, o lugar consta de varias zonas verdes, as cales non sería conveniente que se visen afectadas. E se o Lérez está como está... se se trasladáse ENCE a Ferrol emporcaríase o Eume... Non é sinxelo, pero para algo temos a cabeza. A búsqueda dunha solución que beneficie a todos anda preto...  A continuación, facilitarei unha serie de direccións nas cales podedes baixar libros de forma gratuita e a toda velocidade.... Acude a esta página para conseguir libros mediante e-mail, é gratuito pero é necesario que lexas as instruccións de uso e te inscribas, tamén dispoñen de descarga mediante a web e e-links Pide o teu libro ¡ A cultura non está á venda! Debes apuntarte á lista de intercambio para conseguir aqueles libros que non estean no listado Biblioteca Virtual Nueva Era (Páxina altamente recomendada) DIFUNDA "CANDO O OÍDO É CAPAZ DE OÍR, ENTÓN VEÑEN OS BEIZOS QUE HAN DE ENCHELOS CON SABIDURÍA"  Pareceravos unha acusación demasiado directa e cruel, pero despois de escoitar o que a continuación vos facilito, non dubidaredes en dicir o mesmo ca min. Fran Perea e o seu éxito Uno más uno son siete... Ten un parecido máis que razonable con outra canción que ten máis de dez anos... Casualidade? Este audio, titulado Parecido razonable, é outra perla dos nosos amigos de El Rellano. Clica aquí para descargar  A continuación facilitovos un comunicado do Partido Falangista (FE-JONS), no cal anuncia unha serie de empresas que axudan a financiar a HB e tamén a ETA directamente... Non sei que máis se lle ocurrirá dicir a estes... De todos xeitos, aquí tedes o seu comunicado (traducido ó galego) NON ABONDA CON SENTIR CADA ATENTADO DE ETA. Dentro do entramado industrial e económico basco hai empresas que simpatizan e mesmo amparan ao grupo terrorista ETA. De entre todas elas a máis grande e se cadra máis familiar para todos sexa a cooperativa "MONDRAGÓN CORPORACIÓN". Cooperativa localizada en localidades con forte implantación do grupo político-terrorista EH-HB. Dentro desta corporación hai marcas tan familiares a todos como os SUPERMERCADOS EROSKI ou CONSUM. ou marcas de ELECTRODOMÉSTICOS como FAGOR ou EDESA. Estas son só as máis familiares pero son moitas máis que mesmo diáriamente as estas utilizando. Cada vez que mercas en EROSKI e o seu filial CONSUM ou mercas un electrodoméstico de FAGOR ou EDESA, estas axudando e financiando a unha empresa cuxa maioria de traballadores son votantes de EH, os seus concellos amparan e protexen aos terroristas e fas que prosperen unhas áreas xeográficas de forte implantación etarra. A ONCE, tan sensíbel para outras cousas, tampouco non tivo escrúpulo algún en se asociar e participar no grupo EROSKI. EN TI ESTA QUE ACTÚES, non serve lamentar os continuos atentados pensando que non podes facer nada, a túa simple postura en contra destas empresas e outras similares e mesmo en xeral os productos bascos poden ter efecto. Pero aínda non acabou isto... Se queres saber máis... Espera impaciente o seguinte artículo... Continuará... No estado de Florida acontencen os crímenes máis estranos que un se poida imaxinar... Por exemplo, un crime que preocupou e moito ás autoridades deste estado foi o do nudista asaltador de ancianas, que as acosaba sexualmente dunha forma moi particular. Ó parecer, este acosador, entraba nas casas das mulleres de máis avanzada idade, espido e co cabelo recollido, segundo as descricións das asaltadas, levantaba as sabas e, o pé da cama, facía cóxegas ás ancianas coas mans ou tamén cunha pluma. No momento no que as ancianas espertaban, o individuo escapaba a correr. Outro criminal deste estado era o chamado "coleccionista de bragas". Este home, adícabase a agacharse nos aparcadoiros dos supermercados. O seu delito consistía en deixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por eldeixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por el. A policiá detívoo recentemente. O coleccionista chamábase Nicholas Koger, e levaba máis de cinco anos cos seus crimes... Isto pasa só nos Estados Unidos? Espero que si, e por outra parte, moito non me estrana... Neste artigo me gustaría acercarvos á psicoloxía da cor, neste caso, da cor amarela. Que vos suxire o amarelo? É símbolo de mala sorte? Causa fario? Ten algo que ver coa escea teatral? Aquí tedes a dous psicólogos que expoñen a súa teoría... Segundo Lüscher o mais característico da cor amarela é " a claridade que reflecte a luz e dese modo a irradia a todos lados, a relucente serenidade". O amarelo se corresponde coa libre distensión, coa disolución. "En psicoloxía o amarelo significa un alivio fadigosa, agoviante e inibidor." "O amarelo sempre empurra cara diante, cara o novo, o moderno, cara o futuro." Halder di: "Xunto a outras tonalidades de cor, o amarelo se adxudicou a unha especie de síndroma impulsivo, xa que a sua relazón coa motivación para o rendimento e coa atenzón externa guiada por un obxectivo final, pero non obstante emotiva, é evidente". E vós que opinades? Que sensación vos causa unha parede amarela, ou unha persoa que viste de amarelo...?  Frodo ía en busca dun anel, pero... que é o que leva inscrito ese anel? Pois nin máis nin menos que Coca-Cola. Arriscar a súa vida por unha Coca-Cola? Parece un pouco patético non? Máis patético é que esta multinacional se esté a aproveitar da fabulosa novela de Tolkien para promociona-lo seu refresco, un refresco coñecido e publicitado dabondo coma para ter aínda por riba que empregar este tipo de métodos. En fin, dámonos conta de que Frodo estaba a busca-lo anel para consegui-los puntos necesarios para que lle regalen o mp3 de Coca-Cola ou algo polo estilo, porque senón non ten moita explicación que a marca esté impresa no anel... Oliver e Benji resultan ser, ademáis de grandes xogadores de fútbol xaponeses ( nótase que a serie é totalmente de ciencia-ficción), militantes das Xuventudes Hitlerianas. Si, si, como o digo. Na Banda Sonora da serie, se pausámo-la canción, e a analizamos minuciosamente, parece oírse como os cantantes berran " Viva Hitler!". Quizais só sexa unha casualidade da vida, ou quizais non. El Rellano na súa sección de audio, ofrécenos este descubrimento. Clica aquí para descargar  No programa de Telecinco La Noche con Fuentes y Cía, pudimos comprobar a calidade do grupo Amaral durante a pasada temporada deste programa. O humorista Quequé foi artífice dunha das cancións máis cachondas da televisión. O grupo Amaral co seu novo disco Pájaros en la cabeza, e o seu éxito El universo sobre mi, versionou ese single, gracias a unha letra proporcionada polo colaborador de Fuentes. A canción titúlase El universo en mi jardín, e trata de dar un toque reivindicativo, posicionándose totalmente en contra da nova proposición da ministra de crear os xa famosos minipisos. Andresinho ofrécevos a canción para todos vós. Clica aquíA continuación, a letra, a ver si vos gusta (lóxicamente, está en castelán): Sólo tengo una vela encendida en medio de mi casa no me cabe más aquí. Son veinte metros cuadrados, por cuatro metros de alto, y yo duermo de perfil. Gracias a Trujillo y a su invento, ahora tengo apartamento y parezco tan feliz; pero en este cacho de cemento no hay manera de vivir Quiero vivir quiero un sofá quiero sentir el universo en mi jardín. Quiero correr por el salón Quiero amueblar mi piso, sólo amueblar mi piso... Acaba de aparecer un novo xeito de descargar arquivos por Internet a unha velocidade maior e con maior comodidade. É ben sinxelo. Só tes que ir á páxina para descarga-lo arquivo de instalación de Peer2mail e xa tes o programa. Despois tes que ir a foros dalgunha páxina que tiña disponibilidade de películas, música, documentais, DVD´s... para baixar con Peer to mail... Eu aconséllovos Denkinews. Se tedes algunha dúbida de como descarga-lo mándademe un mail, ou ben, deixade un comentario no website. Moitas gracias!Este reformado blog de Andresinho trata de darvos a coñecer todas aquelas noticias que non vos queren contar, todas as opiniones que ninguén quixo difundir, todo o oculto será desvelado para vós, para que esteades na última, para que non pechedes os ollos, porque é moi fácil deitarse e deixar que o tempo pase e as cousas sigan igual...  A continuación, unha das perlas máis coñecidas do noso EXPRESIDENTE da Xunta de Galicia, na cal pode verse a súa delicatese e o seu empeño en reivindicar a nosa liberdade de expresión. Fraga falando sobre economía, política e desarrollo sostible (sabe el o que é iso?)recibe críticas moi duras, e non pode continuar sen que eses xívaros berren contra el... ( el pensa: Como se atreven?) Aquí tedes que clicar para descargar este arquivo .mp3  " Fai que o vento sempre sopre nas túas costas e que o sol brille na túa faciana, e os ventos do destino levaránte a bailar coas estrelas". Esta traducción ó galego é a frase na que se resume a gran lección que George Jung levou da súa vida. " O diñeiro non o é todo", é tamén a lección final que puido aprender. Tras unha emboscada nos anos 70, este home permanece no correccional federal de Otisville, no cal cumpre condena ata o ano 2015. Un dos traficantes máis coñecidos e populares durante a década dos anos 60 e 70, comezou repartindo marihuana na costa oeste dos Estados Unidos e acabou sendo o maior distribuidor de cocaína, catro anos despois. Levou unha vida de traizón e culpa, na cal, quizais, non soubo elixir de forma adecuada á xente coa que tiña que estar. Mentres espera unha visita da súa filla, a cal considera o seu corazón, George Jung deléitanos coas súas aventuras na película Blow. En breves máis sobre este personaxe.  Para todos os deportivistas, ofrézovos o voso himno (aínda que eu non sexa afeccionado do Deportivo, aquí tedes o voso himno), en formato mp3, para todos vós. Espero que vos guste Clica aquí para a descarga Vamos !!! Y digo Deportivo, vamos a ganar este partido Y digo de Primera el Deportivo es directivo Vivo- Vivo- Vivo Vamos a ganar, la afición os va a apoyar Y vamos a gritar y acompañar Pero no hagáis el canel Que no nos tomen el pelo, pelo... Y digo Deportivo vamos a ganar este partido Y digo de Europa, el Deportivo es directivo Vivo - Vivo- Vivo Y digo Deportivo, vamos a ganar este partido Y digo Deportivo, vamos a ganar este partido Y digo Deportivo, vamos a ganar este partido De el mundo el Deportivo es directivo Vivo - Vivo - Vivo  O himno do Celta conta con 75 anos de tradición (e moitos máis que vai ter). Despois dun ano no inferno da Segunda División, o Celta volve a Primeira... E como! Este ano é o do Celta, de novo á Champions! Ánimo rapaces... Para todos os celtiñas, ofrézovos o voso himno, este, a diferenza do do Deportivo, en galego... Clica aquí para descargar Hala Celta a demostrar, por tu historia e tradición, que o teu lema é noble xogo, valentía e corazón. Cando xogas con tesón vibra toda a afición. Hala Celta berramos hala Celta campeón. Celta, Celta, ra, ra, ra. Hala Celta a demostrar, por tu historia e tradición, que o teu lema é noble xogo, valentía e corazón. Cando xogas con tesón vibra toda a afición. Hala Celta berramos hala Celta campeón. Celta, Celta, ra, ra, ra  Todos lembramos como foi a ceremonia que supux o enlace matrimonial entre o príncipe Felipe e Doña Letizia Ortiz, feito que se produxo hai un ano e medio, exactamente o día 21 de maio de 2004. Tódalas canles de televisión retransmitiron en directo, pero pasaron por alto a un locutor ilustre que o faría todo máis ameno e divertido. Este vídeo procede do programa UHF, e está distribuido polos nosos amigo de El Rellano. Disfruten do vídeo... Descarga directa Un programa de descarga novedoso está agora en tódolos ordenadores... Este é o Azureus, un programa de descarga de música, documentais, cine, libros... Todo o podes ter. Simplesmente tes que descarga-los torrents dos arquivos que queres descargar e despois poñelos a baixar no Azureus... O porto recomendado dende o que descargar é o 6881... A continuación, páxinas dende as cales podes descarga-los torrents: Elitefreak, El Mejor Warez, Btparadise... Para te-lo programa é necesario ter tamén o Bittorrent, outro programa de descarga máis obsoleto...  Gustaríavos coñecer os arquivos ocultos, as cousas que ninguén soubo, quixo saber nin puido averiguar? Todo iso témolo nun arquivo pdf, para todos aqueles que queiran saber cales son as experiencias, os fraudes, as maiores pantomimas da historia deste partido. Todo elo, por cortesía de Andresinho, a través dun simple click... Clica aquí! É necesario ter Adobe Acrobat Reader... Descarga aquí do arquivo mp3Aquí tedes un recorte dunha conferencia de Aznar, na cal fala de nenos, a demografía, a tasa de natalidade e maternidade. Para mostrarnos o seu nivel de oratoria, e a capacidade que el tiña coma presidente para move-las masas e facer que todos e todas entedesemos o que el nos quería dicir... " Me gustan mucho los niños, me gustan muchos los niños, me gustaría haber tenido más niños, y me gusta que la gente tenga niños, es muy importante que haya niños, son muy importantes los niños, y es muy importante saber que en España nacen muy pocos niños ahora, y que tienen que nacer más niños, y que no podemos seguir con una demografía tan baja, cada vez con menos niños, cada vez con menos escuelas porque no hay niños que vayan a las escuelas, y me gusta que la gente tenga niños..." Grandes palabras do noso presidente...  A continuación, trato de que teñades no voso PC, nun CD, na carpeta de música, o noso himno, descargándoo dende aquí, de parte de Andresinho... Clica aquí para a descarga (este é o instrumental, máis tarde, poreivos a disposición, o himno auténtico) Pero... a letra, póñovos a continuación... A fermosa letra escrita por Eduardo Pondal ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán. Por que non temos información dun clube que existe e ten as rendas do destino do mundo e polo tanto das nosas vidas? Algo se oe, algún comentario. algún titular... pero ninguén ofrece información que nos clarifique... quen son? que queren? en definitiva, que é o clube bilderberg? Parece ser que algúns programas de Telecinco, coma TNT e Pecado Orixinal (agora fóra de antena), ofreceron algo de información, pero deixáronnos coa mel nos beizos. En maio deste ano, o Clube celebrou a súa reunión anual, e ningúen nos dixo nada... Tan só sabemos minucias, pero detalles que nos afectaron directamente. Tralo réxime franquista... quen influíu en que saira elexido Don Juan Carlos I coma rei? E que grupo se reuniu no balneario da Toxa no ano 1989? En efecto, esto forma parte das investigacións de TNT... Incluso se especula que grandes sucesos que conmocionaron ó mundo teñen a súa orixe no clube, coma o asasinato de Kennedy, o 11-S e tamén o 11-M... Quen son os integrantes deste grupo? Pois grandes empresarios de Estados Unidos e Europa, de multinacionais coma Coca-Cola, FranceTelecom, e tamén xefes de estado e numerosos ministros. Pode ser certo que Felipe González fose mestre de ceremonias, e que tamén participasen Esperanza Aguirre e Trinidad Jiménez... Este tema continuarase debatindo... Algunhas webs de interese, onde teñades noticias... Magdabandera, A noticia segundo TNT, A noticia segundo Pecado Orixinal Agora imos falar dun coñecido capítulo da serie The Simpsons. O día do apaleamento acércase e toda a vila de Springfield aprésurase por coller o seu bate para apalear a tódalas culebras que atopen. Esta bárbara tradición, pónlle os pelos de punta a Lisa, a cal trata de manifestarse totalmente en contra, e procura que, polo menos, ningún membro da súa familia participe en tal día. Pero a Homer lle apaixona esmagar culebras contra o chan. Por sorte, Bart descubre que as culebras acuden coma el di: " como papá onda un xamón asado" se oen vibracións moi fortes. Coa axuda de Barry White e esta canción logran salva-las culebras do apaleamento. Este capítulo supón ademáis unha crítica á brutalidade da que están feitos os estadounidenses... Andresinho ofrécevos a canción para todos vós. Clica aquí Xa estamos un pouco fartos de todo o que está a pasar na alambrada de Melilla, na que, desgraciadamente morreron persoas por motivo dos disparos de Deus sabe quen... As solucións non son viables. O problema da inmigración está descontrolado. Os inmigrantes non saben que facer xa para entrar noutro país, que representa un novo mundo, aínda que despois cheguen aquí e se rebaixen os piores traballos que hai. Veñen a traballar de forma humilde e sen tratar de molestar a ninguén. Arriscan a súa vida tratando de cruzar un alamio espiñoso e cando por fin logran tal fazaña, cheos de cortes e cardenais, son enviados de novo o seu país, cando todo o esforzo e ilusión co que entraron son feitos añicos... Agora o goberno plantexa exilialos ó deserto, para evitar que haxa problemas... De verdade crean eles problemas? Unha persoa é ilegal? Ninguén debería ser ilegal en ningún país... non?  A continuación, ofrézovos un trailer no que Ronaldinho desprende toda a súa maxia contra o Deportivo da Coruña, nun partido da temporada 2003-2004, aquela na que Ronaldinho chegara ó Barça e impresionara a tódolos afeccionados blaugranas. Clique aquí para descargar o arquivo .avi por cortesía de Ronaldinho10.com Todos sabemos que Don Manuel dixo: " Desde siempre he dicho las verdades sin condón, y pienso morirme sin poner uno". Un grupo de amigos decidiu facerlle unha canción a Don Manuel, na que se explica cal é o motivo polo cal o noso EXPRESIDENTE non pon preservativo nunca, humor, risas e comicidade neste rap en castelán Clica aquí para a descarga  Esta curiosa versión de Sweet Home Alabama está cantada polo rapeiro Eminem na súa película 8 Millas. O protagonista é un vagamundo de Detroit que traballa nunha planta de chapado e non ten cartos algún para sobrevivir. Trala ruptura coa súa moza, regresa o código 810 coa súa nai, que vive nunha caravana. Co seu colega Future, compón esta canción. Clica aquí para descargar Lisa é unha estudante que decidiu desplazarse a Londres para continuar coa súa carreira universitaria, para relaxarse un pouco. Nun concerto de Black Rebel Motorcycle coñece a Matt, o cal namórase perdamente dela. Xorde o amor e ó longo do filme vemos como transcorre a sua relazón, e a medida que pasa o tempo escoitamos cancións de diferentes grupos, aos que os protagonistas asisten. Grupos como The Von Bondies, Elbow, Primal Scream, The Dandy Warhols, Super Furry Animals, Franz Ferdinand e Michael Nyman. Mentres soan nove cancións de todos estes intérpretes, os protagonistas pratican o acto sexual, con xeito cómico, xa que o realizano en ocasións, ao ritmo da canción. Ao chegar as festas do Nadal, Lisa ten que tornar ao seu lar, e a relazón acábase de forma tráxica. Entre algunhas curiosidades do filme podemos destacar que foi rodada sen guión, foi filmada con cámaras de vídeo dixitais sen iluminación extra. A actriz protagonista, Margo Stilley, era debutante e foi descuberta vai escasos meses nunha academia de extras e modelos. O actor que comparte protagonismo con ela é Kieran O'Brian. Ademáis, recibiu o premio no festival de San Sebastián á mellor fotografía, dirixida por Marcel Zyskind. No filme dáse renda solta ós desexos sexuais dos protagonistas( en pantalla durante todo o filme, o resto de actores son figurantes simplesmente). Co curioso formato de empregar cancións coma sinal de que a parella vai manter unha relación sexual, o seu director, Michal Winterbottom, relata unha fermosa historia de amor. A polémica que este filme causou é brutal, pero eu non creo que se trate de pornografia, senón dun filme erótico, e un tanto estrano, que ao público ou entusiasma ou desespera. Para isto, non hai termo meio.  O programa de Antena 3, Buenafuente, emitido de martes a xoves a partir das 0.15 horas, ten por costume sacar ó presidente dos EEUU moi solto e contando chistes. Este vídeo fai gala delo, aínda que o chiste non está tan inspirado como o de Nano, este tampouco ten desperdicio ningún Clica aquí para descargar O equipo español de fútbol gañou onte a Bélxica por dous goles a cero. Durante os primeiros corenta e cinco minutos a selección estivo moi gris, sen apenas inquedar a porta de Proto, a defensa belga estivo fenomenal e salvou a súa escadra de forma providencial. A selección pecou de exceso de confianza, e esperaba atoparse co mesmo equipo da ida, pero non foi así. Mpenza, Buffel e o capitán Goor tentaron marcar algún gol a Casillas, pero na segunda metade, a entrada de Reyes e Villa na selección española refrescou o encontro. Dous pases do xogador do Arsenal rematados de forma espectacular polo dianteiro do Atlético, Fernando Torres, acabaron coas esperanzas belgas de poder clasificarse para o mundial. "O neno" foi o heroe da noite, e logrou que os afeccionados recuperasen a súa ilusión e credibilidade no combinado español.  No circuito de Suzuka, Fernando Alonso quedou de terceiro, e acadou o seu primeiro podio neste gran premio, aínda que o piloto considerou que a estratexia empregada polo seu equipo foi moi, moi equivocada. O seu principal rival, Kimmi Raikonnen rematou primeiro, aínda que Fernando, con 123 puntos, xa é o gañador do mundial, el espera acabar co maior número de puntos posible. Juan Pablo Montoya non puido acaba-la carreira debido a un erro na viraxe dunha curva do circuito, que obrigouno a abandonar...  Moitos de vostedes viron o partido que enfrontou a España contra Bélxica no estadio Rei Balduino de Bruselas. Puideron observar que, nas vallas publicitarias electrónicas sitas nas bandas do campo, os reclamos publicitarios non tiñan pinta de proceder de Bélxica... A non ser que os belgas sexan afeccionados tamén o brandy Garvey da casa da familia Ruiz Mateos, ou teñan a liña ADSL de Ya.com... Antena 3, como boa canle privada, basa o seu presuposto na contratación dos espazos publicitarios, pero... non é isto excesivo? Non se debería respetar a publicidade que colocan os anunciantes belgas? Cánto diñeiro recaudaría Antena 3 con toda a broma?...Sinceramente, o respeto e a cordialidade das canles de televisión non existe. Non só por este incidente, senón por moitos outros que transcorren ó longo dos anos... Non é ilegal colocar anuncios durante os informativos?... Xa todo da igual... Ademais do partido da selección española fronte a Bélxica, disputáronse numerosos encontros... Zona UEFARepública Checa- Holanda 0-2 Finlandia- Rumania 0-1 Dinamarca- Grecia 1-0 Ucrania- Albania 2-2 Georgia- Kazajistán 0-0 Portugal- Liechtenstein 2-1 Rusia- Luxemburgo 5-1 Eslovaquia- Estonia 1-0 Suiza- Francia 1-1 Chipre- Eire 0-1 Israel- Islas Feroe 2-1 Italia- Eslovenia 1-0 Escocia- Bielorrusia 0-1 Noruega- Moldavia 1-0 Inglaterra- Austria 1-0 Irlanda del Norte- Gales 2-3 Bélgica- España 0-2 Bosnia- San Marino 3-0 Lituania- Serbia 0-2 Croacia- Suecia 1-0 Bulgaria- Hungría 2-0 Zona CONMEBOLArgentina- Perú 2-0 Bolivia- Brasil 1-1 Venezuela- Paraguay 0-1 Ecuador- Uruguay 0-0 Colombia- Chile 1-1 Zona CAFSenegal- Mali 3-0 Congo- Togo 2-3 Uganda- Burkina Faso 2-2 Suráfrica- R. D.Congo 2-2 Cabo Verde- Ghana 4-0 Benin- Libia 1-0 Sudán- Costa de Marfil 3-0 Camerún- Egipto 1-1 Gabón- Argelia 0-0 Nigeria- Zimbabue 5-1 Ruanda- Angola 0-1 Túnez- Marruecos 2-2 Botsuana- Guinea 1-2 Malawi- Kenia 3-0 Mario Bermejo regresaba á Malata pero con distinta camisola. Agora non lucía a camisola verde coa que estabamos acostumados a ver ó basco correr polo campo ferrolán. O dianteiro fichado polo Albacete deu conta do seu trofeo Pichichi na pasada campaña con dous goles fronte o seu ex-equipo. Nunha Malata a rebosar, Bermejo coa súa nova camisola branca da entidade manchega, foi o heroe e o líder do partido, que rematou en victoria para os visitantes por 2-3. A pesar de adiantarse o Racing cun tempranero gol de Aira no minuto 8, Pacheco igualaba a contenda vinte minutos máis tarde. Os erros defensivos do Racing foron determinantes, xa que ainda que o equipo triangulaba e facía circular ben o balón, os manchegos souberon aproveitar os agasallos brindados pola zaga galega. No último cuarto de hora e en apenas cinco minutos, Mario Bermejo marcou os dous goles que deron o triunfo o Albacete, e pese a non celebralos por cortesía, a Malata tivo que tragar un nú grandísimo na gorxa... No desconto e trala expulsión do gardamallas do Albacete, Sanzol, Baha recurtou distancia para o Ferrol de penalti... Pero as cousas seguen mal para os irmáns Veiga... Agora mesmo son antepenúltimos con tan só cinco puntos e catro derrotas nesta tempada... Na Segunda B, o derbi galego entre o Negreira e o Celta B atopou un vencedor coruñés. O Negreira endosoulle un contundente 4-0 ó Celta B, quizais excesivo xa que o Celta non fico tan poucos méritos coma para recoller tantos balóns das súas redes... O Ourense recibiu unha goleada do Raio Vallecano no Couto por 1-4. O Raio é un equipo en expansión, e con claras opcións a regresar á categoría de prata... O Pontevedra recupera folgos logo da súa victoria en terras canarias contra o Vecindario... Un solitario gol de Charles dálle un respiro ós de Argibay... Todos os galegos están na metade da táboa: o Pontevedra noveno, o Ourense décimo, o Celta B undécimo e o Negreira décimo terceiro... Mentres non estean máis abaixo... Descargar arquivo torrent para baixa-la películaGary Jonhston é unha estrella que ten un espectáculo en Broadway... Tras unha actuación titulada Lease (O tema principal da canción é Todos teñen SIDA), o actor recibe a visita de Spottswoode... Resulta ser o xefe do comando de operacións internacionais máis importante dos EEUU: Team America, a policía do mundo. Despois da perda dun dos seus colaboradores nunha operación en París (onde destrúen entre outros, a Torre Eiffel, o Arco de Constantino, o museo do Louvre e Notré Dâme), o equipo precisa de Gary para que se infiltre como espía nun comando terrorista, e averiguar onde se van a realiza-los próximos ataques... Logo dunha misión en Exipto, onde Gary é perfectamente caracterizado coma árabe, consiguen derrocar os plans terroristas. Mentres tanto, xorde o amor entre unha das integrantes do grupo ( Lisa) e Gary, logo de que Lisa perdera o seu mozo na misión de París. Pero non todo estaba solucionado... Parece ser que os terroristas tiñan un suministro fiable de armas de destrucción masiva... Quen era o suministrador? Pois nin máis, nin menos que Kim Jong Il, presidente da República de Corea do Norte. Tras un ataque terrorista en Panamá, no que morren centos de persoas, Team America é fortemente criticado por toda a opinión pública, ademáis de por personaxes coma Michael Moore (o cal acaba volando a base da forza policial), e organización coma o Gremio de Actores Ianquis, entre eles: Alec Baldwin, Danny Glover, Helen Hunt, Susan Sarandon, Tim Robbins...O ordenador do Team America ( INTELIXENCIA) enviounos hacia Corea do Norte, logo de procesar multitude de datos e interceptar chamadas terroristas... O Team America, logo do desahucio e rechazo de Gary, diríxise a súa nova misión, aínda que as forzas de Corea do Norte pilláronos, como quen di, en pelotas... Despois de ser raptados... Coma rematará esta historia? Recomendo esta película para todos aqueles que teñan un bo sentido do humor e saiban como está o mundo e as relacións internacionais na actualidade, xa que, a película, se peca dalgo, é de sinceridade...  A continuación, logo de ofrecervos a versión de Sweet Home Alabama da película 8 millas, trocada polo protagonista Eminem por I live at home in a trailer, colócovos un enlace para adentrarvos no mundo das battles ou batallas de rap; unha especie de regueifa estadounidense. Bunny Rabbit( Eminem) é o protagonista da película. Traballa nunha fábrica de chapado, están a face-la cola para espera-la súa comida, que teñen que apresurarse a comer en menos de trinta minutos antes de voltar ó traballo. Enfrente o camión de reparto da comida, dous empregados comezan a batirse, e logo por medio, aparece B-Rabbit... Esto é o que resulta Clica aquí para descargar... Clica aquí para descarga-la presentación do Neng en Antena 3Que pasa neeeeeeeng?? Esta é unha dos saúdos máis coñecidos no panorama actual. Escóitase á xuventude, a nenos, adultos e anciáns... Todo o mundo coñece a este personaxe creado no programa da Televisión Catalana, Una Altra Cosa, presentado por Andreu Buenafuente... Este personaxe pasou a ser de ámbito rexional a nacional, aparecendo en Antena 3... A tempada pasada foi todo un fenómeno de masas, e toda a audiencia esperaba os xoves (cando el aparece habitualmente no programa), para que saíra co seu particular baile, co seu peculiar vehículo e co seu orixinal saúdo: Que pasa neeeeeeeng!!??... Este segundo ano de Buenafuente continúa saíndo por televisión, facendo aparicións asombrosas fronte os invitados máis novedosos e famosos do show. Por que foi el o máis seguido? Hai máis personaxes en Buenafuente, pero ningún tan coñecido nin re-coñecido coma el... Esperemos que continúe facéndonos rir coma sempre...  A continuación os equipos que están xa clasificados para o Mundial de Fútbol de Alemaña 2006: Europa: Alemaña (coma anfitriona), Holanda, Ucraína, Portugal, Francia, Italia, Inglaterra, Polonia, Serbia, Suecia e Croacia. América do Norte: Estados Unidos, México e Costa Rica. Sudamérica: Brasil, Argentina, Ecuador e Paraguai. África: Togo, Ghana, Costa de Marfil, Angola e Tunicia. Asia: Arabia Saudita, Corea do Sur, Xapón e Irán.  Non era de estranar que España ía gañar fronte a feble selección do microestado de San Marino. Os goles eran os necesarios para ser primeiros de grupo se Serbia erraba ante Bosnia, empatando ou perdendo... Pero non foi así. Os serbios fixeron ben os seus deberes gañando por 1-0 ante os bosnios. España quedou así segunda de grupo con 20 puntos, e tendo que disputar a repesca. Por sorte, a selección foi encadrada como cabeza de grupo, e non terá que enfrontarse ante a República Checa ou Turquía. Na repesca, poden tocar tres rivais: Noruega (o cal xa eliminaron na anterior repesca para a Eurocopa 2004 de Portugal), Suíza (unha nación emerxente no panorama futbolístico, cun galego no vestiario, Ricardo Cabanas, xogador do Grashoppers) e Eslovaquia (un rival descoñecido, pero que por méritos propios está a facer grandes cousas). O partido transcourreu con facilidade no estadio Olímpico de San Marino. Aínda así, puideron entrar moitos máis goles, se Federico Gasperoni non o evitase... Estreouse coma goleador na selección Antonio López, cun trallazo coa esquerda dende fóra da área. Sergio Ramos continuou coa goleada, estreándose por partida dobre, e " O Neno" fixo un hat trick para completar o 6-0. Ó longo do partido, todas as miradas estaban postas no Pequeno Maracaná de Belgrado, onde, un vermellibranco ( Mateja Kezman), acaba coas esperanzas de non ir á repesca. Agora toca esperar... Que selección será?  Que mágoa que non poidamos disfrutar de grandes seleccións e en particular, de grandes xogadores por mor de que non foran capaces de clasificarse. África foi a que máis sorpresas deu. Non estarán os Eto´o, Lauren, Wome... Non foron capaces de vencer a Exipto... Empate a un, un penalti no minuto 94´, Wome dispara coa esquerda... eeeeee... o pao! Desta maneira, a selección de Costa de Marfil pode berrar e celebrar por todo o alto a participación no mundial... Ó mesmo que Togo, que logrou deixar fóra do Mundial á selección revelación de Xapón e Corea 2002: Senegal... E seguimos... Nixeria tamén é outra das grandes africanas que queda eliminada, neste caso por Angola... Suráfrica non asistirá tampouco a Alemaña, xa que Ghana gaña unha participación no mundial... Marrocos continúa ausente nos torneos internacionais dende Francia 1998. No seu lugar vai Tunicia... En Europa, a campiona da pasada Eurocopa non estará. Grecia quedou carta nun grupo moi complicado, no que tamén estaban Dinamarca (otra das grandes ausentes en Alemaña), Turquía (terceira no pasado Mundial) e Ucraína, a cal quedou primeira de grupo, para sorpresa de todos. Romanía non foi capaz de facerse un hoco entre os dous primeiros postos do grupo 1, xa que tiña ante ela a dúas rivais potentes coma a República Checa e Holanda. Rusia quedou fóra no último momento e cedeulle a praza da repesca a Eslovaquia, toda unha revelación. Letonia, aínda que logrou clasificarse á pasada Eurocopa non foi quen de clasificarse no difícil grupo 3. O Eire quedou fóra por un punto, e Suíza logrou a praza de repesca coma cabeza de serie. Eslovenia (unha selección revelación nos últimos anos, co seleccionador serbio Katanec) non foi capaz de clasificarse, tendo a duros rivais coma Italia e Noruega. Escocia intenta reverdecer vellos laureis de Francia 1998, e queda outro ano máis fóra da cita futbolística. Bélxica xa non é coma aquela que quedou cuarta no mundial de México 1986, e non foi capaz de clasificarse no grupo de España, e quedou relegada ó carto lugar, por debaixo de Bosnia. Bulgaria tampouco é a que quedou cuarta no mundial de Estados Unidos 1994, e non puido con Suecia e Croacia no grupo 8. Por outra banda, China non puido repetir a participación de Corea e Xapón no 2002, e foi eliminada por Uzbekistán, xa na primeira fase. En substitución do xigante asiático vai Irán. Agora só queda por saber os partidos de repesca... Cómo serán? A última xornada, decidiu, na maioría dos casos, cales serían os asistentes á próxima cita mundial de Alemaña 2006. En todo o globo, estes foron os resultados: (En negriña, os partidos que foron determinantes)Zona UEFAAndorra 0-3 Armenia Finlandia 0-3 Rep. Checa Holanda 0-0 Macedonia Kazaxistán 1-2 Dinamarca Albania 0-1 Turquía Grecia 1-0 Xeorxia Eslovaquia 0-0 Rusia Portugal 3-0 Letonia Luxemburgo 0-2 Estonia Francia 4-0 Chipre Eire 0-0 SuízaEslovenia 0-3 Escocia Bielorrusia 0-1 Noruega Italia 2-1 Moldavia Inglaterra 2-1 Polonia Gales 2-0 Azerbaixán Austria 2-0 Irlanda do Norte San Marino 0-6 España Lituania 1-1 Bélxica Serbia 1-0 Bosnia Malta 1-1 Bulgaria Hungría 0-0 Croacia Suecia 3-1 Islandia Zona CONCACAFEstados Unidos 2-0 Panamá Guatemala 3-1 Costa Rica Trinidade e Tobago 2-1 México Zona CONMEBOLUruguai 1-0 Arxentina Brasil 3-0 Venezuela Paraguai 0-1 Colombia Chile 0-0 Ecuador Perú 4-1 Bolivia Descarga dende aquí o anuncio de AMSTEL 1Descarga dende aquí o anuncio de AMSTEL 2Estamos ante unha das millores campañas españolas neste ano. A cervexa Amstel decidiu xogar co seu propio nome, facendo unha serie de reclamos publicitarios nos cales empregaba o seu nome para formar un acrónimo. Os dous maís coñecidos son: A: Amigo M: Mío S: Solo T: Tú E: Encuentras L: Leña E... por outra banda... Hai que ter en conta o cabelo... A: Amigo M: Mío S: Si T: Te E: Echaras L: Laca Estes spots foron creados todos a partir das siglas, e coas particulares cancións como fío conductor... Nun, o protagonista é un dianteiro de fútbol que grazas a ter unha particular melena chea de laca, pode consegui-lo triunfo (deste modo, Amstel segue potenciando e dándolle continuidade a súa relazón co deporte rei). Noutro, temos a un home que fai todo polos seus compañeiros cada vez que van de acampada. Tece xerseis, fai tortillas, é o único que ten furgoneta e, por suposto, só el atopa leña. Os spots non teñen desperdicio ningún, ademáis de ter unha música pegadiza que será lembrada sempre... As pregrarias de corenta millóns de españois foron escoitadas... Agora a por San Marino... Todos con España (a típica canción de Igrexa de fondo...) Todos ó Mundial...Vaia anuncio máis facha! É incríble como se deixa ver Antena 3 as súas inclinacións cos detalles máis absurdos... É certo que tódolos españois rezaramos para que a selección gañara a Bélxica? É iso un milagre? Paréceme vergonzoso... Non me parece desafortunado que os xogadores se abracen en canto soe o himno, pero si semella triste que o que peor está xogando e aínda por riba é o noso capitán, esté cabeza erguida hacia o ceo... Onde mirará? Que querrá demostrar con iso?? E que foron das críticas ó xogador basco Del Horno, o cal se manifestou antes de Euskadi que español? Pois agora o tedes no banquiño, ou nin tan sequera iso, porque ó seleccionador Luis Aragonés non lle pareceu que sentía as cores... Enfín, unha campaña que menos mal que só durou catro días, porque despois de ter que ir á repesca... Quedaron ben caladiños.... Cun reparto incríble e de luxo, estreouse xa hai un mes nas nosas carteleras, a película de Manuel Gómez Pereira, Reinas. Basada principalmente na actual nova norma impulsada polo goberno do PSOE de permiso de matrimonio ós homosexuais, Gómez Pereira, céntrase neste caso, no sexo masculino. Tres parellas están a piques de contraer nupcias o mesmo día (o cal sería o día das primeiras vodas gays en España). Entre elas tres non hai aparente relazón, pero en realidade o que cobra especial importancia na película son as nais. Nuria (Verónica Forqué) é unha muller ninfónama que non pode controlar os seus instintos e o seu fillo está traballando en Bruselas. Magda (Carmen Maura) é a dona dun hotel-restaurante onde se celebrarán os banquetes nupciais. Reyes (Marisa Paredes) é unha actriz e o seu fillo namórase do fillo do xardineiro de toda a vida. Ademais do amor entre os fillos, xorde unha intensa atracción entre os pais... Ofelia (Bettiana Blum) vén de Arxentina, supostamente só para asistir á voda do seu fillo, aínda que despois parece que non quere regresar a Arxentina, xa que vendeu a súa casa e os seus negocios alí... A partir destes personaxes xorden diversas e moi desafortunadas aventuras... Nuria non pode evitar os seus instintos e acaba bicando a quen non debería, Ofelia "perde" a súa cadela e non sabe como vivir sen ela... Magda ten un problema cos seus traballadores e perigra o banquete nupcial... Multitude de desaventuras, por dicilo dalgunha maneira, todo nun ambiente snob e de luxo: nos millores hoteis, apartamentos e lugares da capital. Como acabarán as vodas? O presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, afirma poder respectar a Constitución Española de 1978 no seu Artigo II, denominando Cataluña dunha maneira satisfactoria para todos... Porque moitos cataláns afirman que a súa comunidade é unha nación, e moitos españois cren que España é a única nación, segundo o presidente, débense respectar a todos. Pero no propio partido hai multitude de opinións: Maragall non estaría totalmente en contra se Cataluña fora denominada nación, mentres que Ibarra, o presidente de Extremadura, mantén que non permitirá que Cataluña sexa catalogada coma nación. O ministro de Defensa, José Bono expón que nación soamente pode ser España senón se trocan algúns dos artigos da Constitución. Segundo o presidente do goberno, as súas fórmulas non son tan complicadas como a opinión pública pensa, senón que son alternativas sólidas nas que ambas partes quedarán satisfeitas. El Estatut, un documento de trinta páxinas aproximadamente, é un asunto de espinosa actualidade e de difícil solución... O Estatuto Valenciano foi rapidamente despachado, pero cando se fala de nacións... A maioría dos partidos, e o partido maioritario por desgracia, pensa que de nación, pásase a Estado, e que se consideramos nación Cataluña, máis tarde esta, pasarase a independizar de España. Cal será a denominación que se lle colgará a Cataluña? "Territorio que é España pero é un pouco máis independente porque ten unha lingua, cultura e folclore diferente"? Pois algo así, seguramente... Que podemos esperar?  Nada máis e nada menos que case oito millóns e medio de espectadores (exactamente 8.496.000 teleespectadores), seguiron o último partido de clasificación para o Mundial da selección española fronte a San Marino. Estamos ante o acontecemento deportivo máis visto de todo o ano, por riba das carreiras de Fernando Alonso nos grandes premios de Fórmula I. Os espectadores superaron en dous millóns ó anterior partido da selección fronte a Bélxica, supostamente, unha selección de maior rango, xa que, San Marino non gañou nin un so partido da fase de clasificación. Desta maneira, Antena 3, a cal acadou os dereitos dos partidos da selección para estes dous encontros... Ademais, é posible que sexa esta canle a que tamén retransmita o partido de repesca da selección, e tamén puxará polos partidos de Champions League dos equipos españois o ano que vén, ó igual que o Mundial de Alemaña do ano que vén. No día de onte, o 2º programa máis visto foi Hospital Central, con case cinco millóns e medio de audiencia... Se non houbese fútbol, probablemente sería esta serie o líder de audiencia... A ver que pasará coa repesca... Será máis vista que este partido? Hoxe celebrouse na sede oficial da FIFA en Zurich, o sorteo que daría en azar o rival fronte o que a selección española se tería que enfrontar para a repesca... Tocou Eslovaquia, rival case descoñecido para a selección, pero que terá que ser derrotado se o combinado español quere estar na próxima cita mundial no 2006 en Alemaña. O partido de ida será na casa o día 12 de novembro, a Federación designou o Vicente Calderón coma estadio para disputa-lo encontro e a volta será en Eslovaquia catro días despois... Ó final non foi a xa coñecida Noruega, nin a brillante Suiza (que case manda á respesca a Francia), senón o rival que menos lle gustaba a Luis Aragonés. Agora hai que tratar de superar os "malos rollos" existentes entre os xogadores e tratar de vencer á selección eslovaca. Por mor de non clasificarse de 1º de grupo, a selección non será cabeza de serie na Eurocopa do 2008, co cal, poden tocar na primeira fase os rivais máis temidos... Agora en serio, é lamentable que unha selección coma a española teña que superar unha repesca, cando lle asignaron un grupo tan asequible coma este... Ningún rival de renome, pero Serbia soubo xogar con humildade e con entrega, non coma os nosos xogadores... En realidade, se a selección non vai ó Mundial non sería algo coma para levarse as mans á testa... Meréceno, por fachendosos, por creídos, por chulitos... Ademais do partido entre Eslovaquia e España, concretáronse outros emparellamentos na zona europea. Ó final, Suiza enfrontarase a Turquía nun encontro de alta expectación, xa que ambos son equipos con grandes cualidades. Por último, a sorte doulla á República Checa a Noruega coma rival para esta repesca europea. A representación de Oceanía será levada a cabo, coma de costume, por Australia, que se terá que enfrontar ó quinto clasificado do grupo da zona CONMEBOL, é dicir, de Sudamérica, neste caso, os charrúas, Uruguai. Bahrein ten unha posibilidade histórica para clasificarse a un Mundial. Tras pasar unha difícil repesca fronte a Uzbekistán, a selección de Oriente Medio terá que disputar outra repesca máis ante o cuarto clasificado do grupo da zona CONCACAF, neste caso, o conxunto de Trinidade e Tobago... Ademais dos 27 equipos xa nomeados en artigos anteriores, quedan por saber as cinco seleccións que saíran destas repescas para completar os 32 conxuntos millores do mundo...  O Barça deixou escapar en Riazor unha victoria que tiña no seu peto tras remontar un marcador adverso de 1-0, tanto marcado por Juan Carlos Valerón no minuto 8 de partido. O Barça foi superior ó Deportivo durante todo o partido, recordando en moitas ocasións a aquel Barça campión de Liga. O xogo foi brillante, sobre todo polas súas dúas grandes estrelas: Ronaldinho y Samuel Eto´o... A celebración de Eto´o foi a esperada... Prometéralle ó Neng de Castelfa, unha celebración especial, bailando coma o personaxe de Buenafuente, co seu típico aleteo de mans. Despois do gol de Eto´o, Ronaldinho remata unha grande xogada persoal, desbordando a Manuel Pablo cunha cola de vaca, e batendo de disparo cruzado a Molina... O Barça ía ó descanso cunha vantaxe dun gol. Nada máis comeza-la segunda parte, Ronaldinho volveu inqueda-la meta de Molina, cun forte disparo que marcha desviado. Logo, o Barça, en teoría, mata o partido. O árbitro pita un penalti máis que riguroso a Molina por falta a Deco... Ronaldinho remata a faena cun potente disparo no que nada pode facer o gardameta branquiazul... O Barça tiña a victoria no peto, e puido conseguir máis goles... Un pase sen mirar de Ronaldinho a Eto´o remata sendo repelido polo pao dereito da portería deportivista, e minutos máis tarde, Deco remata unha volea que a piques está de entrar por toda a escadra. Pero os galegos espertaron... Munitis cunha excelente xogada persoal, acomodando o balón cara a súa perna esquerda, bate a Valdés, un gol, creo, dos millores da súa carreira, a pesar de que el quedou só celebrando o tanto. O Depor continúa asediando a meta blaugrana, cando no minuto 40 da segunda metade, Rubén Castro, tras un disparo de Taborda que bate no poste esquerdo de Valdés, culmina a remontada, logrando o punto para a Deportivo. Para os galegos, ledicia; para os cataláns, vergonza por non matar un partido que tiñan gañado... O Madrid consegue, un ano máis vencer no Vicente Calderón. A victoria foi encarrilada moi cedo, cun penalti supostamente cometido por Antonio López sobre Raúl. O árbitro non lle tremou o pulso á hora de decreta-la pena máxima. A repetición ofrece moitas dúbidas. Ademáis, Antonio López foi expulsado polas protestas, con tarxeta vermella directa, polo que perderá os dous próximos encontros de Liga. O penalti foi transformado por Ronaldo, o ariete brasileiro vai perseguindo a Eto´o na lista de máximos goleadores... O fútbol foi moi pouco vistoso por parte dos merengues, e moi voluntarioso por parte dos vermellibrancos, que gozaron de diversas oportunidades para bater a Casillas, unha vez máis, o heroe do seu equipo. Na segunda parte o Madrid realizou os seus trocos, entre eles Guti, quen lle deu máis elegancia ó xogo dos de Luxemburgo. Un pase en profundidade a Ronaldo de Guti, e unha definición excepcional do brasileiro, decantaron o choque a favor dos brancos... Nos últimos intres de partido, e xa sen nada que facer, o Madrid consegue o terceiro, logo dun erro de Perea no rexeite, que fa que entre o baón na portería de Leo Franco... O Madrid colócase líder á espera do que fagan ó resto o domingo... Clica aquí para este simpático mp3Estamos trabajando en ello... Hemos dedicadou tiempou ayer y esta mañana en trabajar en ello... Grandes palabras do noso presidente, que trata de acercarse máis ós americanos, empregando un acento texano no seu discurso que impresiona a tódolos periodistas...  Esta é a película pioneira de terror que provocou unha nova corrente no cine sanquinolento e de matanzas denominado tecnicamente " splatter films". Realizada polo director George Romero no ano 1968, esta película trata dun exército de mortos que resucitan á vida debido a unha radiación que fai que se lles active o cerebro. Barbara (Judith O´Dea) e o seu irmán Johnny (Rusell Streiner) diríxense cara un camposanto dunha pequena localidade de Pennsylvania, logo de viaxar moitas horas para chegar ata alí. Vánlle colocar unha coroa o seu padrastro, xa que tódolos anos desaparecía por motivos descoñecidos. De súpeto, aparece un ser que ataca a Barbara. O seu irmán para defendela, abalánzase sobre el, pero este é superior en forza a Johnny, que cae contra unha lápida. Barbara logra escapar, refuxíandose no seu coche e logo correndo ata unha casa cercana. Na casa atópase con Ben (Duan Jones), un home que xa loitara contra estas criaturas e coñecía algúns dos seus puntos febles (coma por exemplo, o lume). Atrinchéranse na casa, clavando madeiras nas portas e ventás... Máis tarde descubren que non están sós. No sótano estaban agachados unha parella (Tom e Judy interpretados por Keith Wayne y Judith Ridley) e a familia Cooper. Tras conseguir contactar co mundo a través da radio e da televisión, os integrantes da casa buscan alternativas para poder escapar, ou ben refuxiarse de forma segura ata que os rescaten... Escaparán? Quedaránse na casa para que os vaia rescatar? Morirán?...Creo que esta película é un clásico do cine de terror, e é obrigatorio vela, xa que, deste xeito, entendémola base das outras películas... Aínda que non sexa unha película de calidade, pero o argumento e a dinámica da acción é novedosa na época, e trata de dárlle un sentido e un punto de vista distinto ó cinema. Descarga aquí a carta en arquivo mp3Esta carta, escrita por Nano (non sei se é o mesmo que o chiste de Bush), e difundida por Gomaespuma... Non sei que máis dicir desta carta, soamente que é unha das pezas de humor de máis éxito e máis coñecida de todas... A carta está en castelán... Querido Santa Claus: Te extrañará que te escriba hoy 26 de Diciembre, pero quiero aclarar ciertas cosas que me han ocurrido desde que te mandé mi carta, lleno de ilusiones, en la que te pedía que me trajeras una bicicleta, un tren eléctrico, una nintendo 64 y un par de patines. Quiero comentarte que me maté estudiando todo el año, tanto que no sólo fui de los primeros de la clase, sino que saqué puros dieces en el cole, no te voy a engañar. No hubo nadie que se portara mejor que yo, ni con sus papás, ni con sus hermanitos, ni con sus amiguitos, ni con sus vecinos. Hacía recados SIN COBRAR, ayudaba a los viejecitos a cruzar la calle y no había nunca algo que no hiciera por mis semejantes, y sin embargo, ¡¡¡QUE HUEVOS LOS TUYOS SANTA CLAUS!!!. Es que... dejar debajo del arbolito una puta peonza, una mierda de trompeta y un maldito par de calcetines, ¡QUE CAGADA! ¡Qué hostias te has creído barrigudo? O sea que me porto como un imbécil todo este año para que me vengas con una mierda de este calibre; y no conforme con eso, al maricón del hijo de la vecina, a ese idiota sin educación, malcriado, desobediente que le grita a su mamá, a ese tonto de las pelotas, sí le trajiste todo lo que te pidió. Por eso ahora quiero que venga un terremoto o algo así, para que nos lleve a la mierda a todos, ya que con un Santa Claus como tú, tan incompetente y falso, mejor que nos trague la tierra. Pero eso sí, no dejes de venir el año que viene porque voy a reventar a pedradas a tus putos y sarnosos venados. Empezando por esa mierda de Rudolph que tiene nombre de homosexual. Te los voy a espantar para que tengas que joderte, camiando a pie como yo ¡cabrón!, ya que la bicicleta que te pedí era para ir al colegio, que queda a tomar por culo de mi casa. ¡¡Ah!! Y no quisiera despedirme sin antes mentarte a la madre que te parió, ojalá que cuando hayas subido muy alto se te de la vuelta el puto trineo y te pegues una buena hostia por ser tan hijo puta. Pero eso sí, te advierto que el año que viene vas a saber lo que es un niño maldito, cabrón y un poco hijo puta. Atentamente, Nano. P.D. La peonza, la trompeta y el par de calcetines, puedes recogerlos cuando quieras y metértelos por el culo.  Clica aquí para descarga-lo vídeo A continuación cólgovos un vídeo do programa de Canal Plus, As noticias do Guiñol, no cal, vemos como se toman o Trío das Azores as resolucións da ONU e os mitíns oportunos que deben dar ó resto da poboación para explica-los motivos da guerra... pouco máis hai que dicir destes simpáticos personaxes, con máis de dez anos de historia...  Aquí tedes ó EXPRESIDENTE alteradísimo, non se sabe moi ben porqué... Descarga! Un cámara de Antena 3 arriscou o seu pescozo dando á luz a través de Internet, un vídeo no que Don Manuel acaba moi furioso co seu asesor de imaxe... O daquela presidente tiña mal a chaqueta e iso podía perxudica-lo de maneira moi grave... Nin sorriso de Jack Nickholson, nin destello na calva do Photoshop... O presidente chégalle con quedar mal diante de todo o país... Andresinho ofrécevos este vídeo... Ademais desta páxina, podédelo atopar en diversas webs... Pero xa que estades... Non vaiades ata El Rellano...   Aquí tedes este simpático "spot" contra nike... Descargádeo sen dudalo
Lembrades aquel spot no que xogadores de baloncesto facían virguerías de todo tipo co balón cunha sonido de zapatillas deportivas chirriando contra o chan??? Supoño que si... Pois este é o antispot dese anuncio da compañía Nike... Estes xogadores fan de todo salvo virguerías co balón, e iso... se o dan collido... vamos a ver, baíxannos á terra a todos os que non damos feito o mesmo cos deportistas... Este vídeo, vén, coma de costume, por cortesía de El Rellano... Por certo, para máis inri... o spot está feito pola propia compañía... Parece ser que os explotadores, tamén teñen sentido do humor...  Xa un pouco cansadiño dos remakes... Todos acaban vendo a película americana... E, se a xaponesa deixa o seu que desexar, non me quero nin imaxinar coma será a americana... Moito efecto especial, moita carallada, pero ó final rouban ideas, argumentos e ilusións... Pois eu penso falar da película xaponesa, que por outra parte é a que vin. A historia fala dunha muller que o pasou moi mal durante a súa infancia... A súa nai era moi egoísta, e non pensaba máis que en si mesma... Descoidaba da súa filla e nunca a ía buscar á gardería... Agora coa súa filla, ela non quere que pase o mesmo... Tras divorciarse do seu marido, a muller goza da compañía da súa filla Ikuko, unha mociña de tan só 6 aniños. Múdanse cara outra casa, aparentemente en bo estado... De súpeto, descobren unha goteira, que se expande de maneira sospeitosa por toda a casa... Por outra banda, a nai, preocupada por atopar traballo e pola disputa co seu marido pola custodia da nena, Ikuko queda esquecida en certa medida pola nai, e comeza a ter amizade cunha nena misteriosa... Mentres, a goteira séguese expandendo... Unha carteira vermella aparece no tellado do edificio novo onde elas viven... despois aparece no cubo de basura... logo volve a aparecer no tellado... Despois tena Ikuko no seu ombreiro.... De quen é esa carteira? Que pasa coa goteira?... O meu parecer, a película faise un pouco lenta, xa que non transcorre nada de interese durante os primeiros corenta minutos, a acción comeza máis tarde... A música está moi lograda para suscitar tensión, e levas un par de sustos considerables, pero... Isto non é terror, nin moito menos... Realizada polo escritor Suzuki e o guionista Hiroshi entre outros, creadores entre outras de películas coma The Ring, A maldición e Chamada Perdida... Case todas cos seus respectivos remakes americanos, por desgraza, o que fai que os que vaian ó cine vexan un producto copia, en vez de o orixinal... De todas maneiras, o máximo expoñente deste xénero, vai ser moi difícil de superar... The Ring foi unha película galadornada entre outros, no festival de Sitges polo mellor director... Pero, sinceiramente, este xénero de misterio poderíase dicir, é innovador, pero os argumentos carecen, en moitas ocasións, de solidez. Cando ves outra película deste estilo, tes a sensación de habela visto... E iso frustra moito, a verdade...  O Barça recurtando distancias ós postos de cabeza... O Valencia e o Madrid que case quedan sen extremidades no campo... E o Xetafe de Bernd Schuster unha vez máis, é o líder nesta tempada por terceira vez... Os galegos podemos sentirnos orgullosos, dun Celta que está a bater récords neste arranque ligueiro... Mentres se lle acusa ós árbitros de persecución e de favoritismos en contra do Real Madrid, o certo é que os merengues non realizan o xogo do que deberían facer gala... Continúan nos postos altos, pero esta derrota na casa afúndeos moralmente de xeito inimaxinable... O Valencia deste xeito, empata a puntos cos brancos, deixando atrás o seu preocupante comezo de liga... O Athletic non levanta cabeza, e Mendilibar que tampouco a levante xa que está a piques de ser destituido polo xunta directiva do clube... Unha derrota contra o Cádiz, pon os leóns contra as cordas... O Deportivo, tralo seu épico empate fronte o Barcelona, perde en San Sebastián por dous goles a cero, severo castigo para os de Caparrós Descarga aquí os regates máis espectaculares dos grandes astros da bola
Neste vídeo poderes ver a todos os "artistas" do balón, entre eles, Cristiano Ronaldo, Zinedine Zidane, Robinho, Ronaldo, Ronaldinho, Cafú, Zlatan Ibrahimovic... Tódolos cracks a vosa disposición   Descargate a Duffman sen poder respirar... Neste coñecidísimo episodio, Moe decide facer a ciruxía estética para cambiar de aspecto, xa que o seu deixa moito que desexar... Decátase disto, logo dunha competición de bar-man, na que el sae victorioso... O premio sería aparecer no calendario que esta compañía cervexeira publica tódolos anos... Pero Moe descubre que no mes de Outubro en lugar de aparecer a súa faciana, aparece unha pegatina de Duff... Indignación absoluta... Tras esa pegatina, outra... E outra... E outra... Non había maneira... A solución era a ciruxía... Decídese vingarse de todos aqueles e sobre todo, aquelas que o xuzgaran polo seu físico... O primeiro deles, foi Duffman... A través deste vídeo podemos ve-las consecuencias que trae a vinganza de Moe... 
Descarga este desternillante audio... Aquí tedes o incrible audio no que o noso expresidente lle "contesta" unha pregunta a un alumno en Georgetown... Ó parecer, Jose María Aznar está a dar clases nesta universidade dos Estados Unidos de Política Internacional... Cal será o seu programa? Cales serán os traballos que mandará ós alumnos? Que apuntes dará na clase?... Sen máis descargade este audio e deixade as vosas valiosas opinións...  Descarga a quí a visita de Aznar a San Lázaro Nunca Máis reúne para nós, os "millores" momentos dos dirixentes do Partido Popular en visitas ó noso país... Non hai máis que ver coma foi recibido Jose María García Aznar o 26 de Xaneiro de 2003, nunha visita á capital de Galicia, onde paseou polas distintas delegacións do goberno e asistiu o pazo de exposicións de Galicia a recibir unha conferencia sobre a situación que estaba a sufrir Galicia naqueles tempos... Mentres paseaba, aí temos os victores da xente, alabando o noso presidente... Isto é digno de ser escoitado... Descarga aquí o vídeo no que Luar se volve reivindicativo Gayoso estivo descoñecido... Ninguén ía imaxinar que unha protesta podería ser levada a cabo nun programa da Televisión de Galicia... E moito menos no Luar, un dos programas de máxima audiencia da canle. Pero basta xa... Non podiamos máis... As protestas nas rúas resultaban banais e superfluas para os de Madrid... Non nos tomaban en serio... Pero pequenas manifestacións coma esta, ían que o berro NUNCA MÁIS! fora collendo forza. Porque se non apareces na televisión, casi non existes... Agora ou saes nos mass media ou non es ningúen... Internet, a televisión, os medios impresos de relevancia... Se eles non te dan importancia, parece que non a tes...  Este ano, coma todos, toca a lista elaborada por France Football, para determinar cal é o millor xogador do mundo neste ano 2005... Os brasileiros, coma sempre, son dominantes neste tipo de eventos, pero esperamos que os canarinhos deixen algunha migalla para os demais... Porque... Sempre o mesmo... Acaba por cansar... A continuación colócovos a lista dos xogadores nominados: Adriano, Ballack, Beckham, Buffon, Mauro Camoranesi, Fabio Cannavaro, Jamie Carragher, Petr Cech, Andriy Shevchenko. Grégory Coupet, Cris, Deco, Dida, Didier Drogba, Emerson, Michael Essien, Samuel Eto´o, Luis Figo, Diego Forlán, Luis García, Steven Gerrard, Thierry Henry, Zlatan Ibrahimovic Juninho, Kaká, Frank Lampard, Roy Makaay, Claude Makelele, Paolo Maldini, Pavel Nedved, Michael Owen, Park Ji-Sung, Andrea Pirlo, Raúl, Juan Román Riquelme, Arjen Robben, Roberto Carlos, Robinho, Ronaldinho, Ronaldo, Cristiano Ronaldo, Wayne Rooney, John Terry, Lilian Thuram, David Trezeguet, Marc van Bommel, Ruud van Nistelrooy, Patrick Vieira, Xavi e Zinedine Zidane. En negriña aqueles que, baixo o meu punto de vista poden ser galardoados con este balón tan peculiar... Por carreira futbolística ou por tempada 2004-2005 creo que estes son merecedores... Vostedes que opinan? 
É que hai que saber de todo... Senón temos intelixencia e cultura... Que nos queda?... Neste artigo gustaríame falar dunha lírica pouco coñecida e que rompe as barreiras da creatividade e orixinalidade... O haicus... Estes poemas proveñen do imperio do sol nacente, é unha das estructuras poéticas máis tradicionais dos nipóns... Previo ó haiku (é con k a forma orixinal, aínda que ó pasalo ó galego escribímolo con c), existía o hokku, pero no século XIX, Masao Shiki separou o hokku e creou o primeiro haicu, sendo así o creador e primeiro escritor de haicus da historia... O haicu son tres versos cuxa estructura consta de cinco, sete e cinco sílabas, e están carentes de rima. A palabra clave destes poemas é o kigo, o cal fai referencia á estación do ano na que situaríamos a poesía... Segundo algúns pensadores, o haicu debería fusionar dúas imaxes, creando unha no primeiro verso, outra no segundo e uníndoas no terceiro e último verso, de forma que cree un binomio fantasioso... Á pausa realizada nun dos dous primeiros versos, para dárlle cohesión o poema denomínase kireji... Pero todas estas regras soen ser quebrantadas, e acábanse facendo haicus sen facer caso nin sequera á estructura... Estes poemas soían reflexar paisaxes, lugares, panorámicas, cabios de estacións e tamén referencias o tempo atmosférico... Pero agora calquera cousa pode ser "haicuada"... Neste enlace poderás ver os millores haicus en galego...  Descarga aquí o torrent para baixa-la película Imaxínanse uns policías que non pidan DNIS, nin vaian a comer de balde ós bares, nin persigan gamberros por semellar seren posuídores de marihuana ou outras drogas que sexan duras? Pois isto lle sucede ós nosos köps... Estes madeiros suecos son un grupiño de coleguillas acostumados á tranquila vida da pequena cidade na que están. Pois ese é o verdadeiro problema: que non hai crimes nin delictos... que todo é tan tranquilo, que eles acaban por ser inúteis... Entre eles, destaca Jacob (interpretado por Fares Fares), un home separado ó coidado dunha filla e acostumado ós fracasos sentimentais coas súas citas a cegas... Por outra parte están Lasse y Agneta (interpretados por Göran Ragnerstam e Sissela Kyle respectivamente), un matrimonio adicado á seguridade da vila dende a maioría da idade. E o outro integrante do corpo de policía desta vila é Benny (Torkel Petersson), un policía obsesionado coas películas de acción americanas e ansioso por converterse nun heroe e preparado para todo... Ademais deles, está Hakan (encargado da comisaría, interpretado por Erik Ahrnbom) e o seu can, experto en colocarse a dúas patas coma os coellos... A falta de delincuencia na cidade, impide que a comisaría pode continuar aberta e iníciase a plantexar un suposto cerre para reducir impostos... Que farán os madeiros pola súa querida comisaría?
|